martes. 17.09.2024

Viana

Cepedelo: I Festa do Caldo na aldea habitada máis alta de Galicia

Hai uns anos, en Cepedelo decidiron darlle unha volta ao xeito de facer as festas da aldea. Dito e feito; o Concello de veciños, a voz de toda a aldea, a Asociación Xuvenil e a Comisión de festas puxéronse mans á obra coa intención de modernizar os festexos, pero coa firme intención de recuperar a herdanza e o legado deixado polos ancestros para trasmitirllo ás xeracións vindeiras.

 

As festas de Cepedelo celebraranse durante catro días, do 13 ao 16 de agosto. Unha ampla programación de actividades para todas as idades que buscan manter a unión de toda a veciñanza e dar a benvida a quen quera visitar a aldea. Este ano, coma gran novidade, organizan a I Festa do Caldo Galego; unha xornada gastronómica que sen dúbida chamará a tención de moitas persoas.  

Comentarios
Cepedelo: I Festa do Caldo na aldea habitada máis alta de Galicia