jueves. 19.09.2024
El auditorio verinense acogió una nueva edición de una cinematográfica gala no siempre suficientemente reconocida. | FOTO: Anabel G. Simón.
El auditorio verinense acogió una nueva edición de una cinematográfica gala no siempre suficientemente reconocida. | FOTO: Anabel G. Simón.

O FIC Vía XIV bota o peche a unha das edicións con maior fluxo de público da súa historia. Ao redor de 3.000 persoas asistiron ás actividades que se realizaron durante os dez días de duración do evento. Ademais, tamén foi unha das edicións que recibiu un maior número de curtas a concurso: máis de 700 filmes de decenas de países, dos cales 25 se proxectaron nas seccións oficiais deste 2024.

O FIC Vía XIV sitúa a Verín como o epicentro cultural da contorna. 40 persoas vinculadas co mundo audiovisual e das artes asistiron como convidados ao festival dende diferentes puntos da península. Directores, productores, actores e actrices pasaron polo Auditorio Municipal para ser parte do FIC Vía XIV.

Este ano, ademais, o festival medrou no que se refire á organización de actividades paralelas. Máis dunha vintena de eventos de diferente índole. Concertos, pintura, gastronomía, e humor conformaron a programación máis variada e diversa do FIC Vía XIV.

 

Dende a organización, tamén resaltan a gran presenza que tivo este ano a participación da veciñanza de Verín: "Foi a edición na que máis persoas se presentaron ao concurso de pintura e tamén estamos sorprendidos pola gran acollida da veciñanza no Pincho Cine. Centenares de persoas participaron do FIC Vía XIV votando o seu pincho favorito".

Durante a gala de peche, o director do festival, Carlos Montero, salientaba que na primeira edición eran tan só uns cantos voluntarios os que traballaban para que o FIC Vía XIV saíse adiante. Hoxe, e con nove anos ás súas costas, o festival xera máis de 30 postos de traballo cualificados, sendo a maior parte da equipa de Verín e arredores.

Un ano máis, o gasto directo realizado na vila supuxo un importante investimento económico nos seus distintos sectores produtivos e de servizos. A contratación por parte do Festival de empresas, servizos e profesionais cífrase en case 40.000 euros, apostando, un ano máis polo persoal local ou ligado á contorna, co fin de promover posibilidades laborais de proximidade.

Ademais, o Festival continúa, como leva sendo dende os comezos, abogando pola inversión no comercio local e colaborando coas empresas dos arredores. A reinversión de diñeiro na economía local cífrase en máis de 80.000 euros. Cabe destacar nesta edición que máis do 35% do financiamento do festival provén de empresas privadas que abogan pola celebración do certame.

NOTICIAS VERÍN | Unhas 3.000 persoas convertiron ao FIC'24 nun dos mellores dos últimos...
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad