3 de septiembre de 2020, 16:23
Unha representación da formación política VOX instalou este xoves, coincidindo coas boas temperaturas e a celebración do primeiro mercado do mes de setembro na vila de Verín, unha visible carpa a carón do acceso ao centro de día verinense, onde estaban algúns dos seus simpatizantes ofrecendo obxectos promocionais aos que ata o seu posto se achegaban.