domingo. 08.09.2024
Riós

NOTICIAS VERÍN | Homenaxe á "Tía Pilar" na Festa de Reis do Riós

Vén sendo habitual que tódolos anos, no Concello de Riós, se faga a homenaxe coincidindo coa celebración de Reis. Un recoñecemento a Pilar Tierro Prado por ser a colaboradora máis activa na recuperación das coplas que se cantaban nas terras de Florderrei aló nos comezos do século XX. Cantigas que contaban e cantaban historias sobre a seitura, os "milicianos" ou os "carrilanos" e que foron recollidas no Cancioneiro Terras de Riós -obra de Xosé Lois Foxo, que tamén estivo presente- grazas á colaboración dos veciños e veciñas da zona.

 

Eva Barrio, alcaldesa de Riós, falaba con ista redacción sobre o acto subliñando que "é importante darlle visibilidade ás nosas xentes e recuperar as nosas tradicións". Foi este mércores cando se celebrou a emotiva homenaxe á "Tía Pilar" de Florderrei nun acto no que houbo diversas actuacións musicais da veciñanza cantándolle ós Reis con coplas da zona que foron recuperadas. Acompañados por Xosé Lois Foxo, actuaron as cantareiras do Riós, a Banda de Gaitas e o novo grupo de pandereteiras "Bulideiras". A xornada rematou con petiscos e viño para celebrar os Reis.

WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.37.25 (2)
1 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.37.25 (1)
2 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.37.25
3 / 24

A rexedora do Riós, Eva Barrio, feliz entre os seus.

A alcaldesa do Riós, Eva Barrio, lembrou este mércores a figura da "tía Pilar".
4 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.35.53
5 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.35.52 (3)
6 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.35.52 (2)
7 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.35.52 (1)
8 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.35.52
9 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.35.51 (3)
10 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.35.51 (2)
11 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.35.51 (1)
12 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.35.51
13 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.35.50
14 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.35.49
15 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.34.33
16 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.34.32
17 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.34.31
18 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.34.30 (2)
19 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.34.30 (1)
20 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.34.30
21 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.34.29
22 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.34.28
23 / 24
WhatsApp Image 2023-01-04 at 20.34.27
24 / 24
Comentarios
NOTICIAS VERÍN | Homenaxe á "Tía Pilar" na Festa de Reis do Riós