domingo. 28.04.2024
PSdeG Viana, candidatura eleccións
O PSOE de Viana insta ao concello á creación dunha nova ordenanza municipal para as feiras.

O PSdeG-PSOE defenderá no vindeiro pleno municipal, que se celebrará o xoves, unha moción na que instan ao concello a regular a venda ambulante. Os socialistas consideran que "é o momento" de que Viana conte cunha ordenanza reguladora das dúas feiras mensuais que se celebran no municipio.

Dende o grupo socialista explican que: "Non hai unhas normas claras e coñecidas para que os comerciantes poidan desenvolver a súa actividade comercial da mellor das formas e causando as menores molestias posibles". O seu voceiro, Germán García-Ávila Arias, sinala que: "Se debe regular o réxime administrativo da actividade da venda ambulante e destacar tanto a atención aos requisitos que deben reunir como a simplificación da documentación a presentar".

A proposta dos socialistas de Viana pasa porque se "establezan e delimiten os lugares onde deben instalarse os postos dos feirantes, e que recolla que a venda ambulante só poderá efectuarse os días de feira". Pero vai máis aló e solicitan que a ordenanza especifique o tipo de produtos que poden ser vendidos.

Outras medidas 

Na moción solicitarán a fixación dos requisitos que os comerciantes deben cumprir e dun horario dos postos, así como a dimensión dos mesmos; que a instalación dos postos respecte o desenvolvemento cotiá da veciñanza; a limpeza do lugar unha vez se retiren os postos; o establecemento dunha taxa municipal por posto en función dos metros cadrados ocupados; ou a creación dun réxime sancionador por incumprimento das normas, fixando a contía das multas e demais accións a emprender.

O PSdeG-PSOE vianés propón regular a venda ambulante cunha ordenanza municipal