sábado. 06.07.2024
O novo filme de Domínguez Serén aborda a cuestión eólica. | FOTO: Ignacio Manotas.
O novo filme de Domínguez Serén aborda a cuestión eólica. | FOTO: Ignacio Manotas.

A produtora cinematográfica Zeitun Films acaba de anunciar unha convocatoria aberta para descubrir novos talentos da comarca de Verín. Esta é unha oportunidade única para que os veciños e veciñas da zona participen na próxima longametraxe dirixida polo recoñecido director Eloy Domínguez Serén.

O filme, titulado "Tralovento", abordará unha cuestión moi de actualidade, como é a inxente cantidade de permisos que se están a solicitar para implantar parques eólicos no territorio. 

Sinopse

Ana regresa ao seu pobo trala morte do seu pai. A súa intención é marchar despois do enterro, pero sente a necesidade de quedarse, alimentada pola intención dunha empresa eléctrica de instalar un parque eólico que divide aos veciños e afecta as terras da súa familia.

A súa participación neste conflito involúcraa de novo na vida da comunidade. Un proceso no que Ana cuestiona o seu sentido de pertenza, evoca un pasado doloroso e descobre un espírito de loita que descoñecía ter.

A longametraxe estará dirixida por Eloy Domínguez Serén, quen dirixiu, entre outros, a curtametraxe Rompente, en 2022, galardonada co premio á mellor curta de ficción no Festival de Málaga. 

O director Eloy Domínguez Serén.
O director Eloy Domínguez Serén.

Perfís Requiridos

A produtora está en busca dos seguintes perfís para papeis secundarios e figuración:

  • Homes: entre 30 e 80 anos.
  • Mulleres: entre 30 e 70 anos.


Requisitos

Para participar no casting, os interesados deben cumprir coas seguintes condicións:

  • Ser galegofalante: O dominio do galego é imprescindible.
  • Non se require experiencia previa: Esta é unha oportunidade ideal para aqueles que nunca teñen traballado no mundo da interpretación.
  • Será un traballo remunerado: Os participantes recibirán unha compensación económica polo seu traballo.

 

Como participar

Os interesados en formar parte deste proxecto cinematográfico deben enviar a seguinte información ao correo electrónico [email protected]:

  • Nome e apelidos
  • Idade
  • Residencia
  • Fotos recentes
  • Un vídeo de presentación

 

Anímate a participar!

Zeitun Films anima a todos os veciños e veciñas da comarca de Verín a participar nesta iniciativa e aproveitar esta oportunidade para amosar o seu talento diante das cámaras. Esta é unha excelente ocasión para involucrarse nun proxecto artístico e formar parte da industria cinematográfica galega.

Para máis información ou consultas, contacta a través do correo electrónico [email protected]. Non deixes pasar esta oportunidade e anímate a vivir unha experiencia única no mundo do cine!

NOTICIAS VERÍN | Zeitun Films busca actores secundarios e figurantes na comarca