lunes. 16.09.2024
Rubén Riós ten colaborado en varios programas da radio autonómica.
Rubén Riós ten colaborado en varios programas da radio autonómica.

O vindeiro luns 2 de setembro arrinca na Radio Galega un novo espazo de entrevistas que dirixirá e presentará o actor e director de cinema orriolense, Rubén Riós

Riós debuta como presentador radiofónico co programa "Seres de ben", que terá, como vén sendo xa moi habitual na súa prolífica carreira audiovisual, unha clara liña social e reivindicativa de todas aquelas persoas que adican todo ou parte do seu tempo a mellorar a vida dos seus conxéneres

Tamén haberá sitio para aqueles "seres" que contan con algunha limitación ou discapacidade, malia á que chegaron a conquerir éxitos destacados. 

Rubén Riós estará en antena de luns a xoves, dende a medianoite e até a unha da madrugada

NOTICIAS VERÍN | Rubén Riós estrea programa na Radio Galega: "Seres de ben"
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad