domingo. 28.04.2024
fic-23
Carlos Montero, Alejandro Nieves e Jorge Godás, organizadores do FIC Vía XIV. | FOTO: Iván Iglesias.

Arredor de 2.500 persoas participaron durante os nove días do Festival Internacional de Curtametraxes Vía XIV 2023 que vén de clausurar a súa oitava edición. Unha cifra de asistentes que supera á do ano pasado, tanto nas actividades organizadas ó abeiro da axenda do certame de cinema coma no visionado das curtas presentadas a concurso.

Entre todos e todas estamos a facer un Verín máis vivo

Organizado pola Asociación Cultural Vía XIV, o Festival de Curtas de Verín volve demostrar ser un punto de encontro para amantes do cinema. O esforzo realizado por Carlos Montero, Jorge Godás e Alejandro Nieves, membros da asociación, e por todo o equipo humano que traballa no certame, obtén a súa recompensa ó incrementar a participación da pasada edición.

 

O director do festival, Carlos Montero, agradece ó público asistente ó certame a súa participación e tamén ó Concello de Verín: “Entre todos e todas estamos a facer un Verín máis vivo, máis dinámico, no que a cinematografía e a cultura ocupan un papel central”, afirmaba. Un ano máis, axentes do tecido socioeconómico de Verín implicáronse activamente na iniciativa.

Diferentes directores e directoras de curtas presentadas a concurso amosáronse gratamente sorprendidos co que aquí se atoparon

Empresas, comercios e hostalería secundaron moitas das actividades paralelas organizadas ó abeiro do certame, promovendo que o festival se converta nun contedor cultural para ofrecer iniciativas ben diversas“Disto tamén trata o FIC Vía XIV -considera Montero-, de funcionar como polo para a atracción turística”.

Las 350 butacas estaban completas este sábado en el auditorio verinense.
O Auditorio completou o seu aforo no espectáculo de Pepe Viyuela organizado polo FIC de Verín.

Gastronomía, cinema ao aire libre musicalizado en directo, patrimonio, escaparates de cine, o túnel do viño de Monterrei, música ao vivo, cata de cervexas, petiscos de cine, obradoiros profesionais, a estrea da curta Enferma, o espectáculo Encerrona de Pepe Viyuela ou a actividade infantil dirixida por Raquel Queizás foron algunhas das iniciativas realizadas nista edición.

 

“Diferentes directores e directoras de curtas presentadas a concurso amosáronse gratamente sorprendidos co que aquí se atoparon, co noso territorio, cos nosos viños e co noso patrimonio e aseguráronnos que ían volver”, abonda Carlos Montero. O certame está dándolle vida a Verín e non só iso, tamén houbo 100 persoas que seguiron a gala de entrega de premios de xeito online.

NOTICIAS VERÍN | A maxia do cinema conquistou a 2.500 persoas no FIC Vía XIV