sábado. 27.04.2024
furgoteca xeral
A Furgoteca achégase ós concellos que non dispoñen deste equipamento cultural dúas veces ó mes.

A biblioteca sobre rodas da Xunta de Galicia segue percorrendo os concellos da comarca no seu segundo itinerario neste mes de setembro. Logo de visitar Cualedro e Laza, esta tarde estará nas terras de Vilardevós para achegar á veciñanza diversos servizos culturais. Despois, visitará os concellos da Gudiña, Castrelo do Val e Oímbra no que queda de mes.

A Furgoteca naceu coma un proxecto da Xunta de Galicia para achegar o servizo de biblioteca a aqueles concellos que non teñen este equipamento cultural. Como calquera outro centro bibliotecario, achégalle á veciñanza os servizos de préstamo de libros, revistas e outros materiais, ademais de ofrecer asesoramento e recomendacións de lectura e realizar a xestión de carnés de usuario.

Ista tarde, a Furgoteca percorre o Concello de Vilardevós. Inicia a súa ruta con parada en Arzádegos, ás 15: 00 horas, para continuar camiño cara Enxames, ás 16:00 horas, Terroso, ás 17:10h., Moialde, ás 18:10 horas, e finalizar en Berrande, ás 19:10 horas.

furgoteca
A Furgoteca en Vilardevós nunha das súas últimas visitas ó municipio. | FOTO: Anabel G. Simón.

Co obxectivo de achegar á veciñanza un servizo cultural de proximidade, e tendo en conta a media de idade dos concellos rurais, o persoal responsable da Furgoteca tamén ofrece formación, acompañamento e resolución de dúbidas no eido dixital. Outra das accións é a organización de actividades culturais como obradoiros, clubs de lectura, contacontos ou certames.

Rutas e paradas na bisbarra

Para usar os servizos da biblioteca móbil só é preciso ser titular dun carné da Rede de Bibliotecas de Galicia. O carné pode obterse directamente na FurgotecaDespois de percorrer Vilardevós ista tarde, o centro bibliotecario móbil visitará outras localidades da comarca.

  • A Gudiña: sábado 23 de setembro, con paradas en San Lourenzo, Parada da Serra, Erosa, e Barxa.
  • Castrelo do Val: domingo, 24 de setembro, con paradas en Nocedo, Pepín, Gondulfes, Saguñedo e Campobecerros.
  • Oímbra: luns, 25 de setembro, con paradas en Videferre, Espiño, Bousés, Casas dos Montes, San Cibrao e Rabal.

NOTICIAS VERÍN | Libros frescos na bisbarra coa nova ruta da Furgoteca