martes. 22.10.2024
Laza

FOTOGALERÍA | Mulleres rurais de Matamá, 25 anos unidas na asociación O Cruceiro

Matamá, no Concello de Laza, é unha desas escasas aldeas nas que se mantén vivo o espírito de comunidade; coma se dunha aldea gala se tratase, resisten fronte ao despoboamento mailo envellecemento que afecta a todo o rural. En gran medida, grazas á dedicación -e o esforzo- da Asociación de Mulleres Rurais "O Cruceiro". Son mulleres, son rurais, son bravas e están empoderadas. Cando o 5 de outubro de 1999 un pequeno grupo de mulleres de Matamá decidiu crear a asociación, con Josefa Blanco Casalta "Pepita" coma presidenta fundadora, non se falaba do empoderamento das mulleres... pero vaia se o tiñan!

 

"O positivismo e a valentía de Pepita fixo que esta asociación saíse adiante naqueles primeiros anos. Todo elo con moita adicación e sacrificio, xa que era ela quen tiraba por moitas das mulleres de Matamá. Ela foi quen engrasou, día a día, a maquinaria dunha asociación que, dende o principio e ata o día de hoxe, funcionou sempre con moita unión e alegría, creando un espazo de confianza para compartir tempo e ilusións", salienta María González Rivero, actual presidenta da asociación.

 

A enfermidade de "Pepita" supuxo un duro golpe para todo este tecido asociativo, pero nestes 25 anos de vida a asociación construíu un concepto de asociacionismo vivo que se irradiou e que ten o seu centro na figura das mulleres, na súa proposta de igualdade de oportunidades e no intercambio respetuoso e firme co home. Somentes así se constrúe o sentimento de pertenza á comunidade. A día de hoxe son 84 socias (e tamén algún socio), con idades dende os seis meses ata os oitenta e cinco anos, que ademais participan activamente.

 

Neste 2024 celebran os 25 anos dunha asociación que xoga un importante papel na dinamización do rural, palpable entre os veciños e veciñas de Matamá non só coas actividades, tamén con xuntanzas e merendas e coa conmemoración de días sinalados. "Temos actividades e obradoiros todos os días da semana, de luns a sábado, e durante todo o ano, posto que hai actividades nas que aproveitamos os meses de verán para contar coa participación de socias que durante o resto do ano, por motivos de traballo e estudios non están no pobo", sinala Teresa Diéguez, a súa secretaria.

 

María González Rivero demostra a súa emoción: "Non podemos esconder que nesta asociación hai mulleres moi argalleiras, implicadas, unidas e con gañas. Non hai máis que ver todo o que nesta asociación se organiza ao longo do ano, ¡porque nada se lle resiste a éstas mulleres, longa vida para a Asociación MMRR O Cruceiro de Matamá!". Noraboa polos 25 anos de vida!

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá02_Socias ano 2004
1 / 62

Fundadoras da asociación Mulleres Rurais "O Cruceiro", ano 2004. | FOTOS: Cedida.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá01_Socias MMRR Veran 2024
2 / 62

Socias no 2024.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Xuntanza 25 aniversario Veran 2024
3 / 62

Este verán fixeron unha xuntanza para celebrar o 25 aniversario da asociación.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Exposicion Fotografica Mulleres de Matama, Empoderadas e Bravas
4 / 62

Exposición "Mulleres de Matamá, Empoderadas e Bravas".

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Excursion
5 / 62

Dende o nacemento da asociación, as mulleres comezaron a viaxar xuntas.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Excursion Ribeira Sacra
6 / 62

Excursión á Ribeira Sacra.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Excursion Illa da Toxa
7 / 62

Excursión á Illa da Toxa.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_MMRR O Cruceiro Matama
8 / 62
Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Excursion mmrr
9 / 62
Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Excursion Cabarceno
10 / 62

Excursión a Cabárceno.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_EXCURSION MMRR  ILLA SAN SIMON 2024
11 / 62

Excursión á Illa de San Simón no 2024.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_ALFOMBRA MMRR GANCHILLO CORPUS 2024
12 / 62

Alfombra no Corpus deste ano, feita a gancho.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Andaina Dia Muller Rural 2023
13 / 62

Andaina polo Día da Muller Rural no 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Baile Zumba Festa Matama 2023
14 / 62

As clases de zumba serviron para preparar o baile das festas de Matamá do 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_BANDERINS GANCHILLO MMRR - ANTROIDO 2024
15 / 62
Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_CAMIÑATA POLA IGUALDADE 2021
16 / 62

Andaina pola igualdade no 2021.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Comadres Entroido
17 / 62

Festexando a noite de Comadres no Entroido.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_CONCURSO POSTAIS NADAL 2023
18 / 62

Concurso de postais de Nadal no 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Confeccion Alfombras Corpus 2023
19 / 62

Preparando as alfombras do Corpus no 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_PREPARATIVOS CORPUS 2024
20 / 62

Preparativos do Corpus do 2024.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_CONFECCION DAS ALFOMBRAS CORPUS 2024
21 / 62

Alfombra do Corpus no 2024

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Conmemoriacion Dia Cancro Mama 2023
22 / 62

Conmemoración do Día do cancro de mama no 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_CONMEMORIACION DIA MUNDIAL SINDROME DE DOWN 2023
23 / 62

Conmemoración do Día mundial do síndrome de Down no 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Cós Peliqueiros de Matama
24 / 62

Cos peliqueiros de Matamá.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_DIA DA MULLER 8M 24
25 / 62

Preparando a celebración do Día da Muller, 8M 2024.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_DIA DA MULLER MARZO 2024
26 / 62

Día da Muller, 8M 2024.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_DIA MULLER MARZO 24 - FEMURO
27 / 62

8M 2024

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_DIA DA MULLER RURAL 23
28 / 62

Festexando o Día da Muller Rural no 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Femuro - Dia Muller Rural 2023
29 / 62

Día da Muller Rural no 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_EXPOSICION DE TRABALLOS ASOCIACION MMRR O CRUCEIRO
30 / 62

Exposición de traballos feitos nos obradoiros da asociación.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Fin de Curso Actividades 2022
31 / 62

Calquer momento é bo para botar un baile e divertirse; neste caso, durante a festa do fin de curso do 2022.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_HOMENAXE DIA DA MULLER RURAL 2024
32 / 62

Homenaxe no Día da Muller Rural deste ano.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Masterclass Zumba Veran 2023
33 / 62

Unha boa clase de zumba para activar o corpo, verán do 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Merenda Fin de curso actividades 2024
34 / 62

O fin de curso do 2024 rematou cunha merenda.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Obradoiro Artes Florais 2021
35 / 62

Obradoiro de Artes Florais no 2021.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_OBRADOIRO DE COSTURA CREATIVA 23
36 / 62

Obradoiro de costura creativa no 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Costura Creativa Veran 2024
37 / 62

As novas xeracións de mulleres participando no obradoiro de costura creativa este verán.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_OBRADOIRO DE COSTURA CREATIVA VERAN 2024
38 / 62

Obradoiro de costura creativa no verán de 2024.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Obradoiro Informática 2022
39 / 62

Obradoiro de informática no 2022.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Obradoiro Manualidades
40 / 62

Obradoiro de manualidades.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_OBRADOIRO MAQUINA DE COSER 23
41 / 62

Aprendendo a utilizar a máquina de coser no 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Obradoiro Pandeireta 2023
42 / 62

Obradoiro de pandeireta no 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_OBRADOIRO PARA NENOS DA ASOCIACION NADAL 2023
43 / 62

A cativada tamén goza das actividades que a asociación organiza, Nadal do 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Obradoiro Pilates
44 / 62

Fortalecendo o corpo nas clases de pilates.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_OBRADOIRO TECENDO SOÑOS 2024
45 / 62

Obradoiro "Tecendo soños", durante o 2024.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_PANDERETEIRAS DE MATAMA E SILVEIRA DO TAMEGA VERAN 2024
46 / 62

As pandeireteiras de Matamá coas Silveiras do Támega no verán de 2024.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_PAPA NOEL NADAL 2023
47 / 62

Xuntanza para celebrar o Nadal do 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_PASEO EN BICICLETA XULLO 24
48 / 62

En xullo organizan un paseo en bicicleta ao que acude toda a comunidade de Matamá.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_PASEO EN BICICLETA XULLO 2024 I
49 / 62
Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Paseo en bicicleta xullo 2024
50 / 62
Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_PASEO MATAMA 2024
51 / 62

Percorrendo a natureza que rodea a aldea.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Saida a Penatallada de Cerdedelo 2023
52 / 62

Saída a Penatallada de Cerdedelo no 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Sombreiros de Papel - Antroido Matama 2023
53 / 62

Vestidas cos tradicionais sombreiros de papel no Antroido de Matamá no 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_SOMBREIROS DE PAPEL - ANTROIDO MATAMA 2024
54 / 62

Celebrando o Antroido de Matamá no 2024

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_Sombreiros de Papel - Antroido Matama
55 / 62
Asociación mulleres rurais O Cruceiro-Matamá_XURADO CONCURSO REPOSTERIA NADAL 2023
56 / 62

Concurso de repostería no Nadal de 2023.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-MatamPresentacion Obradoiro Pepita coa sua creadora Carme Gomez
57 / 62

Moneca Pepita, creada por Carme Gómez como homenaxe á fundadora da asociación, Josefa Blanco Casalta.

Asociación mulleres rurais O Cruceiro-MPLANTAS E XARDIN ARREDORES LOCAL SOCIAL - ASOCIACION MMRR 2024
58 / 62

Arranxando os xardíns arredor do centro social de Matamá.

MERENDA DIA MULLER 2024
59 / 62
Asociación mulleres ruraisREPRESENTACION ANTROIDO MATAMA NO SABADO MARAGATO DE CASTRELO DO VAL - 2024
60 / 62

Sábado Maragato en Castrelo do Val.

MERENDA DE NADAL 2023
61 / 62
MERENDA FIN DE CURSO ACTIVIDADES 2023
62 / 62

Merenda organizada no final das actividades do 2023.

Comentarios
FOTOGALERÍA | Mulleres rurais de Matamá, 25 anos unidas na asociación O Cruceiro