FOTOGALERÍA | Mulleres rurais de Matamá, 25 anos unidas na asociación O Cruceiro

Fundadoras da asociación Mulleres Rurais "O Cruceiro", ano 2004. | FOTOS: Cedida.
Socias no 2024.
Este verán fixeron unha xuntanza para celebrar o 25 aniversario da asociación.
Exposición "Mulleres de Matamá, Empoderadas e Bravas".
Dende o nacemento da asociación, as mulleres comezaron a viaxar xuntas.
Excursión á Ribeira Sacra.
Excursión á Illa da Toxa.
Excursión a Cabárceno.
Excursión á Illa de San Simón no 2024.
Alfombra no Corpus deste ano, feita a gancho.
Andaina polo Día da Muller Rural no 2023.
As clases de zumba serviron para preparar o baile das festas de Matamá do 2023.
Andaina pola igualdade no 2021.
Festexando a noite de Comadres no Entroido.
Concurso de postais de Nadal no 2023.
Preparando as alfombras do Corpus no 2023.
Preparativos do Corpus do 2024.
Alfombra do Corpus no 2024
Conmemoración do Día do cancro de mama no 2023.
Conmemoración do Día mundial do síndrome de Down no 2023.
Cos peliqueiros de Matamá.
Preparando a celebración do Día da Muller, 8M 2024.
Día da Muller, 8M 2024.
8M 2024
Festexando o Día da Muller Rural no 2023.
Día da Muller Rural no 2023.
Exposición de traballos feitos nos obradoiros da asociación.
Calquer momento é bo para botar un baile e divertirse; neste caso, durante a festa do fin de curso do 2022.
Homenaxe no Día da Muller Rural deste ano.
Unha boa clase de zumba para activar o corpo, verán do 2023.
O fin de curso do 2024 rematou cunha merenda.
Obradoiro de Artes Florais no 2021.
Obradoiro de costura creativa no 2023.
As novas xeracións de mulleres participando no obradoiro de costura creativa este verán.
Obradoiro de costura creativa no verán de 2024.
Obradoiro de informática no 2022.
Obradoiro de manualidades.
Aprendendo a utilizar a máquina de coser no 2023.
Obradoiro de pandeireta no 2023.
A cativada tamén goza das actividades que a asociación organiza, Nadal do 2023.
Fortalecendo o corpo nas clases de pilates.
Obradoiro "Tecendo soños", durante o 2024.
As pandeireteiras de Matamá coas Silveiras do Támega no verán de 2024.
Xuntanza para celebrar o Nadal do 2023.
En xullo organizan un paseo en bicicleta ao que acude toda a comunidade de Matamá.
Percorrendo a natureza que rodea a aldea.
Saída a Penatallada de Cerdedelo no 2023.
Vestidas cos tradicionais sombreiros de papel no Antroido de Matamá no 2023.
Celebrando o Antroido de Matamá no 2024
Concurso de repostería no Nadal de 2023.
Moneca Pepita, creada por Carme Gómez como homenaxe á fundadora da asociación, Josefa Blanco Casalta.
Arranxando os xardíns arredor do centro social de Matamá.
Sábado Maragato en Castrelo do Val.
Merenda organizada no final das actividades do 2023.

Matamá, no Concello de Laza, é unha desas escasas aldeas nas que se mantén vivo o espírito de comunidade; coma se dunha aldea gala se tratase, resisten fronte ao despoboamento mailo envellecemento que afecta a todo o rural. En gran medida, grazas á dedicación -e o esforzo- da Asociación de Mulleres Rurais "O Cruceiro". Son mulleres, son rurais, son bravas e están empoderadas. Cando o 5 de outubro de 1999 un pequeno grupo de mulleres de Matamá decidiu crear a asociación, con Josefa Blanco Casalta "Pepita" coma presidenta fundadora, non se falaba do empoderamento das mulleres... pero vaia se o tiñan!

"O positivismo e a valentía de Pepita fixo que esta asociación saíse adiante naqueles primeiros anos. Todo elo con moita adicación e sacrificio, xa que era ela quen tiraba por moitas das mulleres de Matamá. Ela foi quen engrasou, día a día, a maquinaria dunha asociación que, dende o principio e ata o día de hoxe, funcionou sempre con moita unión e alegría, creando un espazo de confianza para compartir tempo e ilusións", salienta María González Rivero, actual presidenta da asociación.

A enfermidade de "Pepita" supuxo un duro golpe para todo este tecido asociativo, pero nestes 25 anos de vida a asociación construíu un concepto de asociacionismo vivo que se irradiou e que ten o seu centro na figura das mulleres, na súa proposta de igualdade de oportunidades e no intercambio respetuoso e firme co home. Somentes así se constrúe o sentimento de pertenza á comunidade. A día de hoxe son 84 socias (e tamén algún socio), con idades dende os seis meses ata os oitenta e cinco anos, que ademais participan activamente.

Neste 2024 celebran os 25 anos dunha asociación que xoga un importante papel na dinamización do rural, palpable entre os veciños e veciñas de Matamá non só coas actividades, tamén con xuntanzas e merendas e coa conmemoración de días sinalados. "Temos actividades e obradoiros todos os días da semana, de luns a sábado, e durante todo o ano, posto que hai actividades nas que aproveitamos os meses de verán para contar coa participación de socias que durante o resto do ano, por motivos de traballo e estudios non están no pobo", sinala Teresa Diéguez, a súa secretaria.

María González Rivero demostra a súa emoción: "Non podemos esconder que nesta asociación hai mulleres moi argalleiras, implicadas, unidas e con gañas. Non hai máis que ver todo o que nesta asociación se organiza ao longo do ano, ¡porque nada se lle resiste a éstas mulleres, longa vida para a Asociación MMRR O Cruceiro de Matamá!". Noraboa polos 25 anos de vida!