jueves. 04.07.2024
José Manuel García Fernández, "Patolas", na súa etapa de xogador do Verín C.F. | FOTO: Cedida.
José Manuel García Fernández, "Patolas", na súa etapa de xogador do Verín C.F. | FOTO: Cedida.

Que difícil resulta escribir cando se atropelan as lembranzas. 
Podo pechar os ollos e rezar para que me acompañes novamente polo Arjiz, como dende fai 30 anos.  
Ou quizás podo abrilos e lembrar todo o vivido, todo o que querías ao teu amado clube.

Podo chorar porque todo ten rematado e xa non sufriremos máis co noso Verín C.F., ou podo sorrir lembrando as anécdotas e tamén as alegrías inmensas que vivimos. 

Lembro a tempada 97-98 contigo de adestrador, ascenso a Preferente e título de Copa. Canta ledicia houbo ese día no noso pobo e canta esperanza de devolver ao Verín C.F. ao máis alto.
 

Ascendémolo á 3ª. División de xeito inmediato; acadamos clasificacións históricas e mesmo estivemos a punto de subir a 2ª B. Ti puxeche o xermen de todo.

E sempre ao meu carón, sin protagonismo, traballando con humildade, por y para o clube.

Non hai historias máis fermosas que aquelas que nacen da sana inocencia, da amizade e do compañeirismo; lembro a Patolas dende que son un neno e non hai  nada máis gratificante para min que decir que foi o meu amigo. 

"Patolas" foi un ariete á vella usanza, un goleador nato, un adestrador comprometido e un compañeiro de directiva excepcional. Sempre coa camiseta vermella e co escudo do Verín C.F.

Hoxe, de novo, haberá partido do Verín C.F. no estadio do firmamento. E, coma sempre, Meno sacará de porta, Raúl desprazará en longo e "Patolas", cun salto potente, rematará de cabeza e todos cantaremos gol!

"Patolas", un verinense de ‘pro‘ a quen nunca esqueceremos. 

Gloria eterna. D.E.P.

OBITUARIO | Sempre "Patolas"