lunes. 20.05.2024

Verín

NOTICIAS VERÍN | Verín presenta a alcaldes de Vilas Termais o potencial das súas augas mineiro-medicinais

Este venres 10 de marzo, tiña lugar un encontro de alcaldes de Vilas Termais de toda España nunha visita ós balnearios de Cabreiroá e Caldeliñas da nosa comarcacon motivo da celebración da Asemblea de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais que celebra o seu XVI Encontro Nacional no municipio de Arnoia. 

Así, o alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane, deu a coñecer o patrimonio da vila do Támega e as súas augas mineiro-medicinais. O itineario comezaba cunha visita ó recinto do Balneario de Cabreiroá, seguindo por un percorrido polo antigo Balneario de Caldeliñas (onde o rexedor verinés fixo unha breve explicación do pasado histórico do lugar e o seu importante proxecto de futuro) e rematando na adega Terra do Gargalo (creada polo deseñador verinés Roberto Verino).

Segundo explicou Seoane, o proxecto de rehabilitación do balneario histórico de Caldeliñas, consistirá na adecuación e reforma das súas instalacións para viabilizar a súa apertura ao público de maneira permanente. «O que queremos e conseguir, ao igual que en Fontenova, un aproveitamento real das nosas augas minero-medicinais, recurso tan extraordinario como desaproveitado nas últimas décadas».

O presidente de Vilas Termais e alcalde de Cuntis, Manuel Campos Velay, e o alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, elixiron Verín como referente do augüismo en Galicia para formar parte do seu programa de visitas na provincia.

Comentarios
NOTICIAS VERÍN | Verín presenta a alcaldes de Vilas Termais o potencial das súas augas...