Manuel Rodríguez, director xeral de Defensa do Monte: "O lume ten que deixar de ser a seña de identidade desta comarca"

Manuel Rodríguez sabe moito dos lumes galegos. Leva case cinco anos vencellado á dirección xeral de Defensa do Monte, logo de substituír a Fernández Couto, e recibiu ao Diario do Támega na nova base transfronteiriza de Mandín, no Concello de Verín, que o vindeiro martes está previsto que sexa inaugurada oficialmente, aínda que está xa dispoñible no caso de que fose preciso. 

Aproveitamos para conversar con el, para falarmos da necesidade de que se tome moi en serio manter limpas, xa non só as franxas de seguridade senón tamén toda finca rústica da que un sexa titular e, como non, para coñecer, dende o aire, as novas instalacións.