Evento
AXENDA | Vasoiras de terror no cole de Laza para celebrar o Samaín
31/10/23
10:00
CEIP O Castiñeiro, Laza.
23 de octubre de 2023, 12:03
A noite de ánimas celebrarase ó longo do día nas rúas de Laza cando terroríficos espantallos anden na procura de vítimas ás que asustar.
O CEIP O Castiñeiro organiza unha xornada de medo para o seu alumnado durante o vindeiro martes, 31 de outubro, para celebrar o festexo celta do Samaín. Dende as 10:00 horas, a cativada poderá divertirse percorrendo as rúas da localidade cos seus disfraces.
Iste ano, o colexio acollerá unha exposición de "vasoiras do terror" realizadas polos alumnos e alumnas matriculados en Laza.