Evento
AXENDA | Tempo de Entroido, xornada de encontro en Laza
13/1/24
17:00
Baixo da Casa Consistorial de Laza.
11 de enero de 2024, 12:49
Laza inicia os eventos entroideiros este sábado. Celébrase a segunda edición de Tempo de Entroido, unha xornada de encontro organizada pola Comisión do Entroido e a Asociación Enlazados, coa colaboración do Concello de Laza.
O baixo da Casa Consistorial acollerá, a partir das 17:00 horas, coloquios, cinema, unha documental en realidade virtual e a visita de diferentes entroidos de Galicia.