domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | Sendeirismo para coñecer A Mezquita, da Esculqueira ao Piñeiro

6/4/24
9:00
Saída dende o Teleclub da Esculqueira, A Mezquita.
20240406 andaina A Esculqueira, A Mezquita

A Mezquita ábrese ao mundo cun ciclo de rutas de sendeirismo para coñecer as terras trasmontanas. Dende abril a xuño, teñen organizadas ata 7 rutas distintas que percorrerán A Mezquita, chegando a localidades de Portugal.

O sábado 6 de abril arranca o ciclo coa Andaina A Esculqueira. De dificultade moderada, serán 16 quilómetros dunha ruta circular que sairá ás 9:00 horas da mañá dende o teleclub da Esculqueira para visitar as localidades de Piñeiro Novo e Piñeiro Vello (Portugal) antes de regresar á Esculqueira.

Tras a camiñada, quen quera poderá asistir ao xantar de confraternización organizado. A participación na andaina é gratuíta e o xantar terá un prezo de 14€. 

Para participar, é necesario inscribirse antes do día 2 de abril a través do teléfono: 988 423 506.

Comentarios