jueves. 19.09.2024

Evento

AXENDA | "A nena que quería navegar", teatro familiar en Oímbra

4/8/24
19:00
Praza do Concello, Oímbra.
Teatro infantil_A nena que quería navegar
Espectáculo teatral familiar "A nena que quería navegar". | FOTO: Redrum Teatro.

A compañía Redrum Teatro está de xira coa obra "A nena que quería navegar", unha comedia para público familiar que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e aumento da autoestima.

A Nena, farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital que a base de adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos.

 

 

Redrum Teatro chega a Oímbra o vindeiro 4 de agosto, domingo, para ofrecer un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo e festivo no que se mesturan distintas disciplinas como os monicreques, o teatro de obxectos, as vídeo proxeccións e a música en directo. A representación será ao aire libre, na Praza do Concello ás 19:00 horas.

20240804 Oímbra_Teatro infantil_A nena que quería navegar
Comentarios
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad