jueves. 19.09.2024

Evento

AXENDA | Música e teatro ao aire libre na Veiga do Seixo

20/8/24
20:30
Praza da Veiga do Seixo, Riós.
20240816 Ciclo música e teatro na rúa Riós_Riós
Cheo absoluto na actuación en Riós de Namarella Teatro e a Banda de Gaitas de Riós. | FOTO: Cedida.

A próxima parada do ciclo de teatro e música ao aire libre organizado polo Concello de Riós para levar á cultura ás aldeas do rural será na Veiga do Seixo.

 

A veciñanza vai poder gozar da actuación da Banda de Gaitas de Riós xunto coa posta en escena de Namarella Teatro nunha oportunidade única de deleitarse coa cultura en directo e ao aire libre.

 

20240816 Ciclo música e teatro na rúa Riós_Riós02
En Riós, houbo quen se animou botar un bo baile.

 

O pasado venres daba comezo este ciclo cultural na capitalidade do municipio, a praza de Riós quedaba pequena ante un público expectante que gozou das diferentes pezas que se interpretaron e tocaron.

 

Na Veiga do Seixo, o evento terá lugar mañá, martes 20 de agosto, na praza da aldea a partir das 20:30 horas.

 

Comentarios
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad