jueves. 19.09.2024

Evento

AXENDA | Música e teatro ao aire libre en Progo

26/8/24
20:30
Progo, Riós
20240819 Ciclo música e teatro na rúa Riós_a veiga do seixo
Cheo absoluto na Veiga do Seixo para ver a Namarella Teatro e Banda de Gaitas de Riós. | FOTO: Cedida

Cuarta das actividades no marco do ciclo de teatro e música ao aire libre organizado polo Concello de Riós para levar a cultura ás aldeas do rural. Nista ocasión, o evento terá lugar en Progo. 

 

Esta mesma tarde, a veciñanza vai poder gozar das actuacións do grupo de teatro Namarella e da Banda de Gaitas de Riós nunha oportunidade única de deleitarse coa cultura en directo e ao aire libre, disfrutar das melodías musicais e rir coa posta en escena do grupo de teatro verinés.

 

20240819 Ciclo música e teatro na rúa Riós_a veiga do seixo02
Namarella Teatro fixo rir ao público da Veiga do Seixo.

Logo de pasar por Riós, a Veiga do Seixo e A Chaira, pódese dicir que o ciclo cultural está sendo un verdadeiro éxito. En cada unha das súas paradas, a asistencia de público foi moi numerosa; centos de persoas expectantes que gozaron das diferentes pezas que se interpretaron e tocaron.

 

En Progo, o evento terá lugar esta tarde, luns 26 de agosto, na praza da aldea a partir das 20:30 horas.

Comentarios
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad