domingo. 08.09.2024

Evento

IMOS DE FESTA | Mouros e cristiáns batallarán un ano máis en Retorta

20/7/24 a 20/7/24
12:30 a 14:00
Retorta

Este sábado, 20 de xullo, terá lugar en Retorta, no Concello de Laza, a súa tradicional batalla de mouros e cristiáns. Unha festividade que se celebra na honra ao Santo Antonio, pero que o pobo aproveita e unifícaa coa festa da Santa Mariña.

O día comezará coa chegada ao campo dos cristiáns, acompañados dos Gaiteiros de Camballeira, onde os esperan os mouros e moriñas que se acabarán convertindo ao cristianismo.

No mesmo campo celebrarase unha misa solemne e xa pola noite a festa continuará cunha verbena a cargo do grupo Atenas.

e3611f1b-7d6b-4055-a0b5-e46b227d1a0a