sábado. 21.09.2024

Evento

AXENDA | En marcha contra o cancro, rutas saudables en Verín

17/9/24 a 17/12/24
10:00
Saída dende a sede da AECC en Verín
En marcha contra o cancro, camiñadas saúdables. Asociación Española contra o cancro Verín

A delegación en Verín da  Asociación Española Contra o Cancro inicia mañá unha actividade que busca incentivar hábitos saudables de vida na poboación. Por iso, todos os martes e venres organizarán andainas ás que convidan a toda a veciñanza de Verín. A idea é crear grupos de persoas que collan a rutina de saír camiñar de xeito cotián.

 

"En marcha contra o cancro" é unha actividade que se inicia mañá, 17 de setembro, e que terá unha duración de tres meses co obxectivo de que a poboación adquira o hábito de camiñar como método de prevención para mellorar a saúde.

 

A ruta saudable en Verín comezará ás 10:00 horas de cada martes e venres, con saída dende a sede da Asociación Española contra o Cancro en Verín, ubicada na rúa Rosalía de Castro da vila.

 

Será necesario inscribirse, ben acudindo á sede da asociación ou ben chamando ao teléfono 900 100 036.

Comentarios
Entrando en la página solicitada Saltar publicidad