viernes. 18.10.2024

Evento

AXENDA | 'A mao negra', 25 anos apoiando ao Celta

12/10/24
12:00
Cualedro
20241012 Peña celtista A Mao Negra, Cualedro,
A peña celtista "A mao negra" leva 25 anos unindo paixóns.

Forman parte da gran familia celeste dende hai un cuarto de século e van festexalo por todo o alto. É a peña celtista de Cualedro, 125 persoas asociadas que comparten o seu amor polo equipo vigués. Conta con xente de Cualedro, pero tamén de Santiago, Allariz, Verín, Cangas e Moaña.

 

Fundada en 1999, 'A mao negra' cumpre 25 anos apoiando ao RC Celta incondicionalmente. Un aniversario que celebrarán este sábado. Contarán coa visita de Sergio Carreira, defensa do RC Celta, e a xornada contará con diversos actos.

 

Arrancará co roteiro celeste polas rúas de Cualedro, con todos os símbolos, bandeiras, camisolas e bufandas do equipo. Logo, tempo de facer a gran foto de familia da peña e tempo de discursos para lembrar todo o vivido ao longo deste cuarto de século. Pero non pode haber aniversario sen un gran xantar; e o farán nunha carpa ubicada na aira das Triguerizas onde se xuntarán 90 socias e socios da peña.

 

20241012 Peña celtista A Mao Negra, Cualedro, 25 aniversario
Programa de actos do 25 aniversario da peña celtista "A mao negra".
Comentarios