domingo. 08.09.2024

Evento

AXENDA | IV Festa do Verán en Lucenza

28/7/24
16:00 a 20:00
Local Social de Lucenza, Cualedro.
20240728 Lucenza, IV festa do verán

A Asociación Veciñal de Lucenza organiza a cuarta edición da súa Festa de Verán destinada a toda a cativada da localidade.

Terán inchables, diversos obradoiros, festa da escuma, xogos populares e un divertido concurso para demostrar os coñecementos da súa terra. Ademais, teñen preparada unha zona de relaxación para nais e pais da cativada.

A festa será o domingo, 28 de xullo, e dará comezo ás 16:00 horas na parte traseira do local social de Lucenza.

Comentarios