viernes. 18.10.2024

Evento

AXENDA | III Foro da Castaña, en Riós: programa completo

4/10/24 a 5/10/24
10:00
Edificio Multiusos de Riós.
20241004 III Foro da Castaña Riós_cartel
III Foro da Castaña

Riós acolle a celbración do III Foro da Castaña cun panel de profesionais de recoñecido prestixio ao longo de dous días. O venres 4 desenvolverase o programa técnico de conferencias pola mañána e os obradoiros prácticos pola tarde. O sábado, día 5, a xornada estará dedicada á visita de estudo.

 

  • 10:00 - 10:15h.: inauguración da xornada a cargo do presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Luis Fernández Fernández, do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, José Luis Chan Rodríguez, e da alcaldesa do Concello de Riós, Eva Barrio López.
  • 10:15 - 10:45h.: "Presentación da IXP Castaña de Galicia. Novas medidas a implementar", con Manuel López Pérez, secretario da IXP Castaña de Galicia.
  • 10:45 - 11:15h.: "Castiñeiro híbrido e enxertado. Factores que determinan unha planta de calidade", de Manuel Míguez Rosendo, xerente de Viveiros Refoxos.
  • 11:15 - 11:45h.: "Futuro no rural. Proxecto de recuperación leiras abandonadas", con Xosé Dositeo Veiga, xerente de Leiras de Progo.
  • 11:45 - 12:00h.: presentación do Proxecto Acelera Pyme ACELEROU 2.0 da Deputación de Ourense, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado polos fondos da Unión Europea NEXTGENERATIONEU.
  • 12:00h.: pausa para o café.
  • 12:30 - 13:00h.: "Podremia da castaña provocada por Gnomoniopsis smithogilvyi", a cargo de José Gómes Laranjo, da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD).
  • 13:00 - 13:30h.: "A castaña e a súa comercialización: variedades e calidades", con Rocío Cid Díaz, xerente de Cuevas y Cía.
  • 13:30 - 14.00h.: "Estado do castiñeiro no mundo. Unha perspectiva global", de José Gómes Laranjo, da Universidade de Trás- os-Montes e Alto Douro (UTAD).
  • 14:00h.: almorzo con degustación de produtos elaborados con castaña.
  • 15:00 - 17:30h.: "Demostración práctica de enxertado e poda de formación", con Miguel Ángel Vázquez de la Mata, responsable de Viveros Castanea Sativa de El Bierzo (León), e Ricardo Prieto Domínguez e José Manuel Guerra Nieves de Soutogal.
  • 17:30 - 18:00h.: conclusións e fin da xornada a cargo de Emma González Diéguez, xerente do Inorde.

Sábado, 5 de outubro

A xornada do sábado estará dedicada á visita técnica á  Asociación de Propietarios de Soutos de Parada de Sil, unha agrupación forestal de xestión conxunta.  O autobús do desplazamento sairá ás 9:00h. dende a praza do Cruceiro, diante do Concello de Riós.

Pola mañá visitarase a nave de clasificación, o sequeiro de castaña, a plantación nova de castiñeiros, os soutos tradicionais e o castiñeiro de Entrambosríos do catálogo galego de árbores senlleiras. Logo dunha pausa para a comida, visitaranse as instalacións de SOFRAGAL (Sociedade Cooperativa Galega) en Nogueira de Ramuín, dedicada á elaboración de fariña de castaña procesada, castaña seca e pelada e produtos de repostaría.

Comentarios