viernes. 18.10.2024

Evento

AXENDA | Festas de San Pedro en Queizás

22/6/24 a 30/6/24
Queizás
20240622 Queizás, festas de san pedro

As festas de Queizás na honra do Santo Pedro son ben coñecidas na comarca. Este ano, arrancan o sábado 22 de xuño coa xuntanza de mulleres rurais.

Xa na seguinte fin de semana serán os días grandes das festas. O venres 28 terá lugar a tradicional bicicletada que percorre a ruta das adegas de Queizás. Dará comezo ás 20:00 horas e xa van 27 anos organizándoa.

O sábado 29 de xuño toca degustar o porco ao espeto e divertirse nunha verbena que contará coa charanga Os Támega e a disco móbil A Gramola.

O domingo, 30 de xuño, arranca a xornada co pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas de Verín que precede á misa e á procesión, na que participa a Coral de Trasmiras. Logo, festa e verbena co espectáculo Fania Blanco Show.

Comentarios