martes. 22.10.2024

Evento

AXENDA | Festa de recreación do prensado nos lagares rupestres en Oímbra

13/10/24
12:00
Lagar de Xan Preto, Oímbra.
20241013 festa recreación do prensado nos lagares rupestres oímbra

Oímbra celebra unha xornada festiva coa recreación do prensado das uvas nos lagares rupestres, lembrando como se realizaban as tarefas da vendima na época medieval, tempos nos que a elaboración do mosto se facía pisando a uva nos lagares para logo transportar o caldo ata as adegas.

 

 

Vense realizando dende o 2018 e, cada ano, son máis as persoas que participan, incluso vestidas de época. O Concello tivo que aprazar a celebración por mor das condicións metereolóxicas causadas pola borrasca Kirk o pasado domingo, 6 de outubro. Motivo polo que se fará este domingo, 13 de outubro, no rehabilitado lagar rupestre de Xan Preto ás 12:00 horas.

Comentarios