martes. 22.10.2024

Evento

AXENDA | Farruca Dates, citas rápidas para crear vínculos na romaría

17/8/24
18:30
Laza.
20240817 Ponte Farruca_Farruca Dates

A gran novidade diste ano na romaría Ponte Farruca será a celebración de Farruca Dates"citas para coñecerse e... quen sabe se xorde o amor". A organización pon en marcha un espazo de respeto e diversión no que crear vínculos no marco da romaría, facer novas amizades, ver nacer un amor de verán ou descubrir novas persoas e pasar un bo rato.

Un espazo seguro no que non se toleran actitudes violentas, discriminatorias ou de falta de respeto cara o resto de participantes, xa que a romaría Ponte Farruca érguese como símbolo da diversidade e da igualdade. Comentarios e actitudes fóra de lugar ou mostrar signos de embriaguez ou de estar baixo o efecto doutras substancias serán motivo de expulsión.

Como funciona?

Será un evento de citas rápidas para todes; calquera idade (a partir dos 18), tipo de corpo, orientación afectiva e modelo relacional será benvido e respetado. A actividade contará con membros da organización encargados de xestionala e dinamizala. Para participar, haberá que solicitar unha praza á organización de Ponte Farruca ou cubrir este formulario.

Unha vez feita a inscrición, a dinámica das Farruca Dates comezará coa entrega de colantes cos datos identificativos que cada persoa quera levar (nome, pronome, orientación, expectativas, etc.). Logo, somentes queda facer a presentación e sentarse a falar para coñecerse e pasalo ben. As citas durarán 8 minutos e poderase escoller ficar ou ir rotando con outras persoas.

Comentarios