martes. 22.10.2024

Evento

AXENDA | Charla informativa sobre prevención e mellora da seguridade

14/10/24
10:00
Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín.
20241014 Charla seguridade Plan Mayor_Guardia Civil Verín
Axentes da Garda Civil darán pautas sobre como mellorar a seguridade.

Organizada pola Garda Civil mailo Concello de Verín, o vindeiro luns terá lugar unha sesión informativa dirixida ás persoas maiores que busca dotalas de ferramentas para protexerse mellor ante as ameazas que poidan sufrir no seu día a día, mellorando a súa seguridade e calidade de vida.

 

A charla é unha das actividades previstas no programa "Cara a conquista do Benestar" do voluntariado sénior, posto en marcha polo consistorio municipal, enmarcada no Plan Mayor de Seguridad da Garda Civil e da Policía Nacional. Unha iniciativa que ten como obxectivo mellorar a seguridade das persoas maiores, un dos colectivos máis vulnerables da sociedade.

 

 

A través desta charla preténdese proporcionar información clave sobre a prevención de delitos, mellorar a capacidade de reacción fronte a situacións de risco e fomentar a denuncia de actos delituosos. Falarese de seguridade dixital, pero tamén no fogar e na vía pública; e daranse pautas para a defensa fronte a estafas e a prevención do maltrato.

 

A sesión celebrarase no salón de actos da Casa da Cultura de Verín o vindeiro luns, día 14, ás 10:00 horas.

Comentarios