Evento
AXENDA | Charla sobre coidados do oído en Riós
Riós acollerá ista tarde un encontro para falar sobre os coidados da audición e do oído, no marco do programa de mellora da saúde e de atención á dependencia da súa veciñanza.
O deterioro auditivo pode afectar á integración sensorial e resultar nunha menor socialización. A revisión é importante para a prevención, e o seu coidado é fundamental para non perder audición.
Unha charla que terá lugar o hoxe, martes 10 de outubro, ás 19:00 horas no Salón de actos do Edificio Multiusos municipal. A iniciativa xorde ó abeiro do proxecto "Coidados porta a porta" da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
O encontro vén complementar o servizo de audioloxía que ofrece o programa "Coidados porta a porta", que istes días ten a súa unidade móbil no municipio. Nas consultas de audioloxía, realízase unha valoración e unha exploración funcional da audición para previr a perda auditiva.