martes. 22.10.2024

Evento

AXENDA | Andaina nocturna polos sendeiros do contrabando

14/8/24
21:15
Saída dende o Centro Social e Cultural de Vilarelho da Raia
20240814 andaina polos sendeiros do contrabandoe

Un ano máis, e xa van nove edicións, o Centro Social e Cultural de Vilarelho da Raia, coa colaboración do Concello de Oímbra e da Eurocidade Chaves-Verín, organiza a "Caminhada nocturna pelos Trilhos do Contrabando", unha homenaxe á historia do contrabando raiano.

 

Cun destino que se garda en segredo, ao que se chegará logo de percorrer 8 quilómetros, a andaina comezará ás 21:15h. do mércores, 14 de agosto. A saída será dende o propio centro social de Vilarelho da Raia.

 

Para participar na ruta, descubrir os sendeiros da raia e o destino segredo da andaina é necesario inscribirse antes do domingo 11 de agosto a través da web: www.ocontrabandista.com

Comentarios