domingo. 08.09.2024

Evento

AXENDA | Música nas rúas ao ritmo dos concertos do Conservatorio

1/6/24
11:00
Verín
20240601 CMUS Verín, saímos á rúa

O Conservatorio de Música de Verín leva unha tempada organizando ducias de actividades para achegar a música en directo á veciñanza da comarca. Dentro do ciclo "Verín vive a música", este sábado, 1 de xuño, as rúas da vila do Támega encheranse de música ao vivo cos concertos que ten organizados o Conservatorio.

Unha oportunidade única para disfrutar das actuacións do alumnado nunha xornada na que a previsión meteorolóxica promete un solleiro día con temperaturas que chegarán aos 30º. Ao longo da mañá, percorrerán as rúas para ofrecer concertos en diferentes espazos da vila.

Percorrido e horarios

  • Praza do Concello: concerto de piano ás 11:00 horas.
  • Rúa Montemaior: concerto de violín ás 11:30 horas.
  • Praza da Mercé: concerto de guitarra ás 12:00 horas.
  • Pasarrúas: animación a cargo da Minibanda do Grao Elemental dende as 12:30 horas.
Comentarios