martes. 22.10.2024

Evento

AGENDA | A Festa do Emigrante de Flariz regresa homenaxeando a Manolo Escobar

 

 

 

 

10/8/24 a 11/8/24
20:00 a 2:30
Flariz, Concello de Monterrei
Cartel Festa do Emigrante 2024
Cartel Festa do Emigrante 2024

 

As noites de esplendor volven a Flariz coa súa homenaxe aos galegos e galegas que tiveron que emigrar e que volven á casa durante as vacacións. Este ano os organizadores apuntan alto rememorando aquela actuación de Manolo Escobar que levou a este pequeno recuncho do Concello de Monterrei a miles de persoas alá polo ano 2001.

 

Este mes de agosto, o festexo iniciaráse o sábado 10 cunha sesión vermú, amenizada por Broke Acoustic Dúo. A partir das 20:00 horas haberá cea popular na Praza de Abaixo e, ao finalizar, un concurso de baile popular. Ás 01:00 horas dará comezo a verbena a cargo de Broke Acoustic Band. No descanso elaborarase a Queimada e a continuación soará a música do DJ set.

 

O domingo 11 haberá pasarrúas, misa e procesión (a partir das 12:00 horas), seguida de novo do vermú. Todo iso ao son da Charanga Bandiños Band. A continuación, ás 20:00 horas as e os afeccionados a Manolo Escobar poderán revivir os mellores momentos do cantante, encarnado na figura de Bornolero de España, aquel gaditano que gañou o primeiro premio nacional de canción na TVE e máis o famosísimo programa 'Lluvia de Estrellas', roubando o corazón do mismísimo Escobar.

 

A festa en homenaxe ao emigrante pecharase coa verbena a cargo dos Wondercovers Band e a partir das 01:00 horas, de novo DJ Set marcará o ritmo ata a madrugada.

 

Como en moitos outros pobos, a historia da Festa do Emigrante enfrontouse aos problemas da perda de veciños e ao cambio xeracional do público, chegando a deixar de celebrarse durante algúns anos. "Hoxe damos conta, ao recoller o testemuño, do mérito que tiveron os seus creadores para manter unha festa tan grandiosa", comentan desde a nova comisión organizadora, composta desde o verán do 2023 por un grupo de xente moza do pobo, moi ilusionados por recuperar a memoria e o esplendor deste evento.

 

 

Cartel Festa do Emigrante 2024
Cartel Festa do Emigrante 2024.
Comentarios