viernes. 18.10.2024
Xosé Antonio Touriñán, en uno des sus espectáculos.
Xosé Antonio Touriñán, nun dos seus espectáculos.

Xosé A. Touriñán, o gran nome do panorama audiovisual galego, chega a Verín. O sábado 31 de agosto a vila acollerá as dúas grandes propostas do humorista. Por unha banda, presentará a súa primeira curta documental "Nena".  Ademais, o público do FIC Vía XIV Verín poderá gozar tamén do seu monólogo "Aquí Tou!". As entradas para este último espectáculo xa están dispoñibles en ataquilla.com e, para a curta, poderán adquirirse antes do seu comezo nas canles habituais de reservas do festival. Ambos espectáculos terán lugar no Auditorio Municipal de Verín.

"Nena" é a estrea como guionista e codirector de Touriñán. Un filme no que o artista nos mostra o seu lado máis polifacético. Recoñecido polos seus traballos como humorista, Touriñán sitúanos con este filme na pel dunha nena de 12 anos que, trala morte da súa nai, ten que cargar co peso familiar do pai, o tío e o  avó. Unha historia que nos deixa á intemperie. Unha realidade que reflexiona sobre a carga e o rol que ten que asumir a protagonista ante a incapacidad do seu redor. 

Ese mesmo día, ás 22:15 horas no Auditorio Municipal de Verín, Touriñán volve subirse aos escenarios do FIC cunha proposta ben distinta. Tras presentar o seu filme, poderemos gozar dun Touri cercano que, a través do monólogo "Aquí Tou!" achegaranos, con humor, os fitos máis importantes da súa vida. Un percorrido íntimo e divertido polas súas casuísticas vitais. Neste monólogo, Touriñán, ao tempo que se analiza a el, retrátanos a todas.  As entradas para o espectáculo xa están dispoñibles en ataquilla.com.

Dende a organización do FIC Vía XIV mostran o seu entusiasmo pola participación do artista no festival xa que, a presenza de grandes nomes galegos participando do evento "sitúan a Verín como vila de interior referente das artes audiovisuais". 

Touriñán estará no FIC de Verín cunha curta e un novo monólogo