Desputarase este sábado e domingo en categorías prebenxamín, benxamín e alevín

NOTICIAS VERÍN | O Torneo Internacional de Fútbol 8 congrega na vila a 41 equipos

As competicións arrincarán ás 9:45 horas deste sábado 15 de xuño.

Os días 15 e 16 de xuño terá lugar, no complexo deportivo de A Granxa e no Estadio José Arjiz, a realización do Torneo Internacional de Fútbol 8 'Vila de Verín', no que participarán 41 equipos procedentes de Galicia e o norte de Portugal. 

Este torneo está dividido en tres categorías: prebenxamín, benxamín (15 de xuño) e alevín (16 de xuño).

  • Na categoría prebenxamín competirán dez equipos: EDC Verín A, Ourense C.F., EDC Xinzo, EDC Barbadás, EDC Celanova, GD Boticas, EDC Maceda, EF Benfica, Santa Teresita e C.F. Sanabria.
  • En canto á categoría benxamín serán 15 as formacións que participen: EDC Verín, UD Ourense, C.F. Sanabria, EDC Xinzo, Ourense C.F., C.D. Velle, C.P. Calasancio, EDC Celanova A, Celanova B, GD Boticas, EDC Verín B, G.D. Chaves, EDC Maceda, Diogo Cao e C.D. Velle B.
  •  Por último, na categoría alevín serán 16 os equipos que formen parte desta competición: EDC Verín B, EDC Xinzo, U.D. Ourense, CD Purísima, EDC Barbadás A, EDC Celanova, Ourense C.F., EDC Verín A, CF Sanabria, Diogo Cao, EF Benfica, Cented, GD Boticas, EDC Maceda, EDC Verín C e C.P. Calasancio.

 

Devandito torneo, que se disputará de 9:45 a 21:00 horas -as dúas xornadas-, está organizado polo Concello de Verín coa colaboración de Cabreiroá, Hortoverín e AEVER-CCU Verín.

O Torneo Internacional de Fútbol 8 'Vila de Verín' súmase ao ciclo de actividades deportivas realizadas polo Concello de Verín ao longo do ano, destinadas a asentar o concepto de promoción da saúde a través dos campos de creación de ambientes favorables a saúde, fortalecemento da acción e participación comunitaria, desenvolvemento de actitudes persoais saudables e formulación dunha política pública baseada no deporte desde a infancia.



DURACIÓN DOS PARTIDOS

  • Prebenxamín: Fase de grupos e cuartos: 20 minutos reloxo corrido.
  • Benxamín: Fase de grupos e cuartos: 20 minutos reloxo corrido.
  • Alevíns: Fase de grupos e cuartos: 20 minutos reloxo corrido.

 

As semifinais e finais serán 2 tempos de 15 minutos con descanso de 3 minutos. En caso de empate ao finalizar o partido, lanzaranse tres penaltis para determinar o vencedor do encontro nos partidos de fase final.

DISCIPLINA E PUNTUALIDADE

Todos os equipos deberán entregar a relación de xogadores da Federación Galega de Fútbol de Intranet ou DNI e a relación de todos os seus xogadores perfectamente identificados (nome, apelidos, DNI, dorsal...), 10 minutos antes de cada partido. Cada equipo poderá inscribir un máximo de 16 xogadores.

COMIDA

O día do torneo está contratado un menú para todos os xogadores e monitores que o desexen. A comida realizarase no comedor do Colexio Princesa de España, ao lado do campo de fútbol.

O prezo é de 10€ por deportista/monitor e constará de: espaguetis, xamón asado con patacas, froita e auga.

Os equipos que queiran comer no catering teñen que comunicar o equipo, a categoría e as persoas que comen. O pago realizarase o mesmo día do torneo.