FOTOGALERÍA | O Conservatorio de Xinzo devolve visita a Verín

FOTOS: Noelia Caseiro

Este xoves, as alumnas e alumnos do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Xinzo encheron o auditorio do Concello de Verín, devolvendo así a visita que semanas atrás protagonizaran os verinenses no salón de actos da Casa da Cultura limiá. 

Entre o público, ademais de nais e pais dos intérpretes, tamén estaban moitos dos alumnos do conservatorio verinense e até representación institucional do Concello de Xinzo de Limia, co seu alcalde Amador Díaz Penín e o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez Salgado de Vedmar, á cabeza