FOTOGALERÍA | A Veiga faille un chisco ao rural co seu "Nadal enxebre"

Non hai recuncho sen ambientación navideña nas rúas de A Veiga. | FOTOS: Noelia Caseiro.
a veiga nada (15)
a nadal (16)

O Concello de A Veiga apostou pola madeira para realizar a decoración do seu "Nadal enxebre"; unha iniciativa do seu alcalde, Juan Anta Rodríguez, que busca darlle visibilidade e apoiar ao sector forestal do extenso territorio municipal.

Unha iniciativa ben acollida pola veciñanza, que non dubidou en participar na creación de figuras e ambientacións navideñas. A vila está chea de sorpresas, camiñes por onde camiñes, con decoracións que poñen en valor a natureza deste concello rural.

Ben merece a pena un paseo polas rúas de A Veiga para gozar dunha fermosa decoración que enche as rúas de espírito navideño.