FOTOGALERÍA | O Ponte Farruca consolídase como o festival arcoíris do rural

FOTOS: Noelia Caseiro.
Algúns dos remolques da caravana contaban con médicas do Sergas.
Até algún saharauí acollido por unha de Sobradelo de Xunqueira -Rochi Novóa-, Hasana, participou na tractorada lazana. | FOTO: Cedida.
FOTO: Cedida.
Jorge Lorenzo Vila, voceiro de Xuntos por Laza no Concello, sementando patacas fritas.

O certame Ponte Farruca naceu para reivindicar, de xeito decidido, os dereitos da comunidade LGTBIQ+, pero tamén do rural, e das mulleres e homes que mantiveron a súa esencia. 

Este sábado, a súa terceira edición confirmou, coa masiva asistencia de público -unhas 1.500 persoas- e un amplo programa de actividades, que xa é unha cita ineludible no calendario festivo comarcal e até provincial. E, tamén que aos tractores lles queda moi ben o colorido arcoíris.