A nova imaxe da autovía das Rías Baixas xa está en marcha. As obras de rehabilitación da A-52 entre Verín e Ourense están sendo executadas dende o día de hoxe, concretamente no quilómetro 173, á altura de Cualedro.
As obras consisten na aplicación de diferentes técnicas segundo o estado actual: sustitución completa de capa de explanada e novo paquete de firme, rehabilitación estrutural con reposición de entre 22 e 27 centímetros de mestura bituminosa, rehabilitación superficial dos tres centímetros de capa de rodadura e selado de gretas. Ademais, valorarase a reposición de xuntas de dilatación de obras de paso e estacións de aforo de vehículos afectadas, así como o repintado de marcas viais.
Isto prodúcese despois de que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana adxudicara o contrato de obras para a mellora da calzada dereita da autoestrada, enmarcado no programa de conservación e mantemento de infraestrutura viaria do Mitma, cun investimento que rolda os 4,5 millóns de euros.
O territorio que comprende a licitación, de Verín ata Ourense.