María D.
16 de agosto de 2021, 15:31
Arestora permanece cortado o carril dereito da A-52 en sentido Benavente á altura do quilómetro 146, no término municipal de Riós. O corte está producido pola avaría dun vehículo articulado que transporta gando porcino. Na zona xa se atopan técnicos de mantemento da Autovía das Rías Baixas.
Quilómetro 153
No mesmo sentido, permanece dende a tarde de onte un remolque frigorífico con matrícula checa ocupando gran parte do carril da mesma autovía á altura do quilómetro 153. Moita precaución na zona xa que se atopa sinalizado, pero continúa aberto ao tráfico.
O remolque frigorífico parado na A-52. | FOTO: M. Ceballos