14 de noviembre de 2021, 12:15
Segundo informou a Axencia de Emerxencias de Galicia, un home resultou ferido esta mañá, cara ás 11:00 horas, logo de sufrir un accidente de motocicleta nas inmediacións da igrexa do núcleo de Videferre, no concello de Oímbra.
Ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios e unha dotación de Tráfico da Garda Civil de Verín. Tamén foi alertado o parque de bombeiros do Consorcio Provincial, en Pazos.