22 de julio de 2021, 20:03
Uns minutos máis tarde das 17:00h declarábase un incendio en Guimarei, concretamente na OU-1018, á altura do tramo que da acceso á Autovía das Rías Baixas dende a N-525.
Dito tramo permanece cortado ao tráfico mentres as autoridades traballan na súa extinción. Dada a cercanía coa autovía podería incluso verse afectada nos próximos minutos.
No lugar permanecen varios vehículos autobomba da Xunta de Galicia, as brigadas de Laza e Vilamaior, a Garda Civil -Seprona- e a Garda Civil de Tráfico, quen regula o tráfico en ambas vías. Uníronse ás tarefas de extinción por aire tres helicópteros e dous avións de carga en terra -ATC-.