Segundo fontes do 112, o accidente tivo lugar cara as 05:40 horas da madrugada deste martes, 25 de agosto. A colisión produciuse no km 169,800 da autovía A-52 (Benavente-Porriño) -sentido Porriño- á altura das Estivadas, no término municipal de Cualedro (Ourense).
Un axente da Garda Civil revisa os desperfectos do primeiro tráiler accidentado en Cualedro (Ourense). | FOTO: Cedida.
Según fontes da investigación, un tráiler circulaba pola estrada cando impactou contra outro que se atopaba detido no arcén por unha avería do motor; só o primeiro condutor resultou ferido leve e foi trasladado ó Hospital de Verín.
O tráiler detido no arcén sufriu menos danos que o que circulaba pola autovía. | FOTO: Cedida.
O tráfico non se viu afectado porque, a pesar de que o accidente foi especialmente aparatoso, trátase dun tramo con tres carriles.